 |
QUE CAIAN TXUZOS DE PUNTA!!
Pois sí, xa choveu dende que unha panda de melenudos, zarrapastrosos, e incluso me atrevería a dicir maleantes, músicos, deran cos osos no caldeiro por exercer o que a todas luces parece unha cousa natural, facer música.
Non serían conscientes ata hoxe, o día no que escribo, da magna labor que a xustiza e a lei fixeron en favor da música. Multiplicala.
A Festa da Chuvia nace como resposta natural a unha negación, á eficaz prohibición pola forza do dereito á expresión, e nace coa intención de abrir un espacio no que potenciar, formar e mostrar a capacidade da xente para apretar un collón co outro cando se precisa.
Cinco anos despois atopámonos que os despropósitos continúan, e unha vez máis, dous músicos de Riveira, atopanse nunha situación similar un 24 de Xullo, outra vez na mesma festa?, e o mesmo motivo por medio, oh!, a música.
Contra os despropósitos, máis festa, máis alegría e, por suposto, que nunca a Festa da Chuvia esqueza a súa orixe, porque como dicía Lopez Magón (revolucionario Mexicano)...
"Revolución que transa*, se suicida."
* dar o brazo a torcer |