A CHUVIA É ARTE E PARTE DUN POBO
E dicían que non chovía... dunha chuvia a un equinosio, vai un cajastallo, un diluvio universal. Vivimos en tempo equinosial, e como non, estamos en tempo de chuvia, así que poñamonos en antecedentes.
A Chuvia nace no 02, por motivo dunha liorta entre as forzas públicas e unha charanga, dando estes últimos cos osos no caldeiro. A reacción? Máis festa!!
A Festa nace nun calexón de Riveira, ó pé dunha taberna, e como si o tempo quixera participar, choveu durante días. Isto non impideu que se tirara para diante, así que xa tiña nome, "Festa da Chuvia", si chove que chova... unha furgo como escenario, lonas para o tellado, sombrillas e bolsas de basura, compoñen a tremenda carpa na que aparecen as empanadas, o viño, os asistentes, e por suposto, a música.
Dende aquela ó 2008, a festa crece e mellora nos servicios, para rematar sendo dous días de festa, con 20 bandas participantes, talleres,charangas, e cerca de cen persoas colaborando na organización. Ó mesmo tempo, seguense sucedendo as multas a músicos na rúa, a negación de infraestructuras culturais para o pobo, a negación do uso doutras instalacións que hai en Riveira, as trabas para desenvolver dende a Asociación a Escola de música, ou a negación de permisos para facer concertos nos locais de Riveira.
Onde andabamos...na reacción, non sí?
A Chuvia é arte e parte dun pobo.
Arte, pois produce mil e unha sensacións, recrea as paisaxes que logo debuxan os pintores, invita a pensar, esculpe as pedras, e pode chegar a ser un incordio, si che colle un mal día.
E Parte, xa que participa no proceso de floración, rega campos, alimenta os caudais dos ríos, manantiais, e incluso limpa os pobos e cidades que se apiñan no seu entorno vital.
A chuvia é arte e parte dun pobo.
Arte, pois todo o que á Chuvia envolve nos leva á música. A música nos trae tristeza, e alegría tamén. A música tranquiliza...ou non. Música é o corazón dunha nai, o chorar do bebé, e o arte de acunar.
Parte, xa que se basa no solás, no ánimo, a imaxinación, na participación, o compromiso e a implicación da xente para sacala adiante.
Chega unha Chuvia en clave de Sol Maior, grande, abundante e chea de color
PARTICIPA!!